jueves, 16 de abril de 2009

Estás parado?


No tema da Seguridade Social que imos comenzar axiña, profundizaremos máis ca nunca na PROTECCIÓN POR DESEMPREGO e nas accións formativas e de asesoramento que promoven as distintas organizacións co fin de facilitar a inserción no mercado laboral. Accederemos á páxina web do Servicio Público de Empleo Estatal para coñecer e saber manexar as distintas ferramentas de que dispoñemos se quedamos sen emprego.
Dende logo que vós como alumnos de F.P. nos que a maioría de vosoutros nunca traballasteis e que debedes esforzarvos máis ca nunca por vender a vosa cualificación profesional para romper a barreira de NON NOS INTERESAS! e entrar a formar parte do cadro de persoal dunha empresa.
Dende logo, que estamos ante unha cruda realidade: segue aumentando a cifra de desempregados e por riba xa son un millón de parados os que non teñen ningún tipo de prestación(como van vivir, e de que? aveciñanse conflitos sociais moi serios!).
Así que máis ca nunca debedes aproveitar a vosa formación e ser os mellores capacitados nestes tempos que non valen todos, senón os mellores!!!

martes, 10 de febrero de 2009

Busca de convenios colectivos


se queredes atopar convenios colectivos na seguinte ligazón podedes facer unha busca personalizada:
Derecho.Com, no apartado de Convenios.

jueves, 5 de febrero de 2009

Os accidentes mortais preto de nós


Ás estatísticas ás veces déixannos indiferentes, tantos números que nin nos inmutamos e tanta información que xa non lle prestamos atención.
Mais os accidentes laborais ocorren todos os días e o que é peor segue a perderse a vida traballando e preto nosa. Concretamente unha empresa de Lugo, onde temos alumnos que traballaron alí e que un traballador faleceu atrapado por unha máquina de prensado. O outro accidente laboral mortal que aconteceu onte tamén quero destacalo pois é relacionado co voso sector, alumnos de 1º MAS, o mantemento en parques eólicos. Con isto, só quero concienciarvos da importancia que ten RESPECTAR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE e a POLITICA DE PREVENCIÓN NA EMPRESA, pois en definitiva pode perigar a vosa integridade física e o que é máis importante A VIDA.
Os meus ánimos ás familias afectadas e aos traballadores e demais membros das empresas implicadas.
Podedes ampliar dita información na seguinte ligazón: SINIESTRALIDAD LABORAL
Dos trabajadores mueren en sendos accidentes ocurridos en Zas y Lugo

miércoles, 28 de enero de 2009

Situacións graves de risco no século XXI


Certo é que a estas alturas todo o mundo sabe da obrigatoriedade das empresas de preservar a seguridade e saúde dos seus traballadores á hora de realizar as súas actividades laborais, e por riba, que certos colectivos deben aínda ser máis protexidos como é o caso dos menores de idade, das mulleres embarazadas....
E se vos dígo que desde a dirección dun hospital!!! e despois da petición dunha muller embarazada de xemelgos adscrita a Rayos X de reubicación a outro posto que non supuxese un risco para o seu estado, deciden mandala para Radiodiagnóstico de Urxencias e proporciónanlle un delantal de plombo...
en fin, que vos parece esta decisión?
que credes que fixo a traballadora??
Queredes escoitar a súa opinión? Na seguinte ligazón tendes un vídeo coa súa versión.
PInchade en Obligada a trabajar en Rayos x, embarazada de gemelos y con un delantal de 12 kilos

viernes, 16 de enero de 2009

Modelos e incentivos da contratación laboral


Se accededes á páxina web do Servizo Público de Empleo Estatal tendes toda a información sobre os distintos tipos de contratos vixentes e as bonificacións ás que se pode acceder por formalizar determinadas contratacións.
Para Galicia os contratos veñen en Traballo na conselle.
Accedede e comparade.

viernes, 9 de enero de 2009

O paro en Galicia

Estes días andamos a escoitar novas esperenzadoras sobre o paro en Galicia, e máis dun abre os ollos de asombro ante tales afirmacións! Certo é que razóns non lles falta, unha cousa é que en Galicia o efecto do desemprego apenas se note, outro é que aquí baixe e a realidade outra ben distinta: SEGUE A SUBIR O PARO en GALICIA, mais por debaixo só da media estatal. Así que non está a cousa para facer troulas, e senon que llo digan aos que están inscritos no INEM....
Podedes consultar as seguintes ligazóns e ler os datos concretos que tamén veñen no Instituto Nacional de Estatística
El paro sube en Galicia, pero por debajo del promedio estatal
DESEMPLEO
El paro aumenta un 5% en diciembre en Galicia y suma un total de 189.903

lunes, 22 de diciembre de 2008


Este foi o eslogan da campaña en contra das 65 horas promovida desde a bitácora de César Calderáon, e dende logo foi un éxito rotundo pois moitos foron os blogs que se sumaron a este iniciativa que xunto as actuacións reivindicativas que levaron a cabo os sindicatos, gañaron a LOITA EN CONTRA A XORNADA DE 65 HORAS. Desde este recuncho o agradecemento a todas aquelas persoas que seguen a loitar polos dereitos dos traballadores e por unha mellor conciliación da vida laboral coa familiar.
Tendes aquí unha ligazón sobre un dos artigos que veñen a recoñer a vitoria por unha XORNADA DIGNA!!!